benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 N

 Ola!

Hoxe celébrase o día internacional contra a violencia machista.

Entre o Departamento de Orientación e o Equipo da biblioteca, fixemos unha selección de libros para poder traballar este tema, e outros.

Son lecturas moi recomendadas e moi necesarias, e hai para todas as idades.

Tamén podedes aproveitar para aumentar a vosa biblioteca de casa collendo algunha destas propostas.


Un saúdo.

Equipo de biblio.

viernes, 20 de noviembre de 2020

Novidades Infantil

 Ola!

Este ano aproveitamos para renovar libros que xa estaban moi estropeados e tamén para mercar novidades. 

Estes son todos os contos para @s nen@s de Educación Infantil. Que seguro disfrutarán durante os ratiños de lectura nas súas biblios de aula. 



Saúdos.

Equipo Biblio. 

viernes, 13 de noviembre de 2020

CURSO 2020-2021

 Ola  a tod@s!

Volvemos un curso máis poñendo en marcha a nosa biblioteca, nun tempo tan raro.

Deixamos aquí como será o uso da biblioteca mentres a situación non cambie: