benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

viernes, 12 de febrero de 2021

Árbore Sabia e o Entroido



O Entroido chegou a Pazos de Borbén!
Árbore Sabia está moi ben rodeada de todas as máscaras que fixeron @s alumn@s de Infantil e Primaria do centro. 
Todas están relacionadas co tema que cada aula escolleu sobre o PDI do cole: "BiblioNatura".
Noraboa rapaces e rapazas, quedaron uns traballos moi chulos!



                                                                                                         

                                                                                                                 Disfrutade moito das vacacións.

O equipo da biblio.