benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

martes, 29 de marzo de 2022

A NOSA ZONA DE XOGOS NA BIBLIO

 Cada vez, e sen darnos case conta, son máis os xogos que imos incorporando á Biblio.

E como consecuencia, cada vez son máis as rapazas e rapaces que se pasan por alí para usalos.

Contamos cunha boa selección. E non nos quedaremos aquí.




E estamos facendo quedadas para aprender a xogar e coñecer a outros profes que nos poidan explicar:









martes, 15 de marzo de 2022

8M: VIAXE POLAS MULLERES DA NOSA VIDA

 Este ano, dende o Equipo de Biblioteca, propuxemos a seguinte actividade polo 8 M:




Poñer unha foto dunha das mulleres da súa familia, que xa non estean, ou que sexan moi maiores. 

E contar algo sobre elas debaixo. Así saberiamos moito máis sobre as nosas raíces. E o moi traballadoras que foron todas elas. Sacando as súas casas adiante e ás súas familias.

Foi unha actividade que se levou a cabo na maioría das asambleas do cole, e foi moi emotiva.







martes, 1 de marzo de 2022

ENTROIDO

 O alumnado de infantil e Primaria, disfrazámonos con traxes que tiñan que ver coa temática do noso PDI, o noso Proxecto da Volta ao Mundo.

Polo centro pasaron desfilando:  italian@s, maoríes, galeg@s, rus@s, escoceses, daneses...e incluso do País de Nunca Xamais (ASPAVI).

Que rico o chocolate con rosca.