benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

lunes, 18 de mayo de 2020


<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5eba81500be9a20d6818fb33" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020. PROFE LUCÍA

Ola nenos e nenas!
Este ano as LETRAS GALEGAS están adicadas a RICARDO CARVALHO CALERO.
Un filólogo e escritor que sempre defendeu a nosa lingua.
Como temos que celebrar o Día das Letras Galegas dende as nosas casas, que vos parece se o facemos un pouco máis entretido con este xogo?
Esperamos que vos guste e que consigades que Ricardo Carvalho Calero consiga o seu premio.
💙

RICARDO CARVALHO CALERO. PRECIOSOS TRABALLOS

💖 XA TEMOS OS PRIMEIROS TRABALLOS FEITOS POR ALUMNAS E ALUMNOS.
NESTE CASO DE PRIMARIA.
GRAZAS


Paula, Anxo, Noa e Breixo de 2º, Blanca de 4º,  Anxo e Marcosde 4º, Xairo, Pablo e Erin de 1º

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Precioso conto de RICARDO CARVALHO CALERO para gozar.
Despois de ver o conto podemos facer uns debuxos e unha manualidade de galiñas que vos deixamos aquí.
Esperamos que vos gusten.
logo colgaremos as vosas fotos.




 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO 2020: RICARDO CARVALHO CALERO
Onte celebramos o día das nosas lingua. Neste contexto tan especial e inusual, a biblioteca do noso cole quere facer unhas propostas que non se limiten a uns poucos días para facilitar unha maior participación nesta celebración.
Durante todo este mes, iremos colgando as diferentes actividades mandadas polo alumnado, debuxos, opinións, manualidades, vídeos...
BICOS A TODAS E TODOS.

https://bibliotecadegalicia.xunta.gal/es/actualidade/exposicions/dias-de-las-letras-gallegas-2020