benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

jueves, 25 de noviembre de 2021

25N

 25N: DÍA MUNDIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Todo o alumnado fixo actividades relacionadas con este día.

Dende a biblio contouse o motivo de conmemorar o 25 de novembro este día. Foi debido ás irmás Mirabel, as chamadas "bolboretas".

 Pegamos bolboretas moradas por distintas partes do centro. Contamos a historia das irmás Mirabel nas distintas aulas.

Tamén a coordinadora da biblio deu unhas charlas na E.S.O. e en 6º de primaria sobre a violencia de xénero.

O Departamento de orientación xunto coas titorías e todo o centro, decorou cunhas frases para dar visibilidade a esta problemática, as escaleiras principais de todo o colexio.

Foi unha semana moi completa. 

Cremos que é importantísimo traballar dende ben cedo estes aspectos, e somos grandes defensores da non violencia.











Árbore Sabia.

Pd: 1.133 víctimas mortais por Violencia de Xénero dende o 1 de xaneiro de 2003, ata o día de hoxe.

Son demasiadas.

jueves, 11 de noviembre de 2021

ESTREO

 Estas fotos amosan aos nosos primeiros alumnos máis asiduos á biblioteca.

Porque a biblio do cole non é soamente un lugar para ler.




miércoles, 3 de noviembre de 2021

SAMAÍN 2021-2022

 Aquí vos deixamos algunhas das actividades feitas en infantil e primaria polo Samaín:










Saúdos!
Árbore Sabia.