benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

miércoles, 27 de octubre de 2021

ÁRBORE SABIA EN PERIGO

 O Equipo de biblioteca, xunto co Departamento de Dinamización da Lingua Galega, teñen unha misión importante que contarvos:

Necesitamos que axudades a Árbore Sabia.

Como?

Pois contando historias en galego, falando en galego, lendo en galego.

Por cada libro, historia...en galego; a Árbore Sabia medraralle unha das súas follas. Esas que está a perder porque xa non escoita a súa lingua favorita.












Axudádeme!
Árbore Sabia.


miércoles, 20 de octubre de 2021

O PDI DO NOSO COLE




 O PDI é o Proxecto Documental Integrado.

Isto é un Proxecto que sae da biblioteca, coa intecnión de chegar a todas as aulas do centro e para posibilitar o traballo interdisciplinar entre as áreas.

Este ano traballamos "A Volta ao Mundo". Esta é a entrada e a nosa biblioteca, como punto motivacional para o proxecto.



Saúdos!
Árbore Sabia.