benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

jueves, 29 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Que mellor maneira de celebrar o Día do Libro que regalándoos.

Tamén todxs xs nenxs dende infantil ata a E.S.O. fixeron uns libriños para decorar os nos patios de entrada.













Ata a próxima.

Árbore Sabia.




martes, 20 de abril de 2021

AXUDANTES

 Este post do blog vai adicado especialmente a tod@s @s axudantes de 6º de primaria que hai un meseciño axudaron a que as cartas que enviou Árbore Sabia ás vosas casas chegaran a tempo.

Tamén agradecer ao concello polo conto que nos regalaron.

Espereamos que o boli personalizado vos gustara e vos sirva de utilidade, e que as instruccións do uso da biblio fosen claras.

Cando todo isto remate, esperamos poder facer algunha tarde actividades coas familias tamén.





            Saúdos
Árbore Sabia.




viernes, 9 de abril de 2021

ANTES E DESPOIS




Ola!

Despois dun longo e duro traballo, a biblioteca está totalmente reformada. 

E queremos mostrarvos como quedou:


ANTES




DESPOIS


Aos nenos e nenas do cole gustoulles moito, e iso é o que máis nos importa. Crear un espazo apetecible e onde queiran pasar tempo.

Saúdos 
Árbore Sabia