Ola!
Despois dun longo e duro traballo, a biblioteca está totalmente reformada.
E queremos mostrarvos como quedou:
Biblioteca escolar para ler, descubrir e participar C.P.I. CURROS ENRÍQUEZ. PAZOS DE BORBÉN. COLEXIO PLAMB
Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.
Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.
Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).
Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.
Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.
Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".
Bo traballo, noraboa 👏👏👏
ResponderEliminarMoitas grazas Marga.
EliminarUn saúdo