benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

miércoles, 10 de marzo de 2021

OITO EME

Ola a todas e todos!!!

O pasado luns 8 de marzo festexamos o Día Internacional da Muller.
Este ano centrámonos na muller na prensa e cada curso aportou a súa achega tras investigar sobre elas.
Así quedou o noso escaparate.



Ademáis, Código Diverse, o equipo de apoio LGTBIQ+ e igualdade de xénero do CPI Curros Enríquez, realizou unha curtametraxe na que entrevistaron a varias mulleres traballadoras de Pazos de Borbén. 

Non esquezades botarlle unha ollada!

8M-Mulleres traballadoras de Pazos de Borbén


Ata a próxima!