benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

lunes, 22 de abril de 2024

DIA DO LIBRO - 23 de abril

 


Hoxe é o Día Internacional do Libro! Unha cita moi simbólica na que traemos un divertido xogo de escapismo e un vídeo cheo de curiosidades sobre libros e autores famosos e un gran número de cousas interesantes que seguro que descoñecíades.


ESCAPE GAME

Xogo de escapismo. E ti poderás saír?







 O venres os nenos e nenas de 1 e 2 tivemos a sorte de poder vivir en primeira persoa como nace e como vai crecendo unha historia como foi no caso de Meigas Fóra e Miñoca. Gracias a Ramon D. Veiga por ese ratiño tan agradable xuntos e por achegarte a ver o noso traballo que os nenos e nenas de 2 fixemos con tanto cariño!

´







sábado, 23 de marzo de 2024

CONCURSO - RECOMÉNDOCHE ESTE LIBRO

 

Xa temos gañadora do noso concurso  "Recomendoche este libro” Aitana  de 1º ESO A. Parabéns Aitana polo teu vídeo.




martes, 12 de marzo de 2024

8 MARZ0 Día Internacional da Muller

 Comezamos a xornada cunha yincana na que colaborou case todo o profesorado para dar a coñecer a importancia do papel da muller nos distintos ámbitos. O equipo da biblioteca elixiu a Enheduanna, primeira persoa da historia que asinou a súa obra literaria.




Tivemos máis actividades como a carreira da muller (coas camisetas que aportou o Concello de Pazos de Borbén, e que a ANPA colaborou na xestión) e a proxección de películas para reforzar a defensa da igualdade entre homes e mulleres.

Traballamos tamén nas aulas o tema da igualdade.








ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DE ENTROIDO DE ESO

A presidenta da ANPA. entregou na nosa biblioteca os entrega os premios do concurso de Entroido da ESO.

Noraboa aos gañadores e  moitas grazas á ANPA pola súa colaboración no concurso.


jueves, 22 de febrero de 2024

PLAMBE: XOGOS MUSICAIS

Montemos un grupo de música!!

Ao alumnado de 5° encántalle bailar e xogar a que somos un grupo de música  incrible. Por iso decidimos, primeiro, facer os nosos instrumentos  con material  reciclado,


Pero claro,  dímonos conta que non soaban. Por iso, utilizando placas Makey Makey fotos capaces de ...Facer maxia!!  E ágora sí que somos un grupo de música súper molón.















miércoles, 21 de febrero de 2024

ENTROIDO - PLAMBE

 Esta mañá o noso alumnado luciu os seus disfraces relacionados co PLAMBE “Os xogos”. Os alumnos de infantil e de primaria  disfrazaronse de dianas, fichas de lego, do xogo do tragabolas e do xogo “Adiviña quen son”.  


Ademáis do desfile, tivemos una charla e unha exhibición dos traxes e bailes de Cobres  onde os monecos feitos polos profes de infantil e primaria estiveron presentes.


A biblioteca do centro xunto coa AMPA do centro organizou un concurso de disfraces relacionados co tema do PLAMBE "Os xogos". Os premios foron patrocinados pola AMPA  nas categorias "individual", "parella" e "grupo".


Agradecemos a AMPA a implicación nesta actividade, e tamén ao Concello de Pazos de Borbén polo agasallo que recibiron todos os alumnos do centro.