benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

jueves, 22 de febrero de 2024

PLAMBE: XOGOS MUSICAIS

Montemos un grupo de música!!

Ao alumnado de 5° encántalle bailar e xogar a que somos un grupo de música  incrible. Por iso decidimos, primeiro, facer os nosos instrumentos  con material  reciclado,


Pero claro,  dímonos conta que non soaban. Por iso, utilizando placas Makey Makey fotos capaces de ...Facer maxia!!  E ágora sí que somos un grupo de música súper molón.















No hay comentarios:

Publicar un comentario