benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

miércoles, 21 de febrero de 2024

PLAMBE: Xogos Papirofléxicos


Ao alumnado de 6°, encántanos a papiroflexia. Estivemos facendo varios  animais: baleas,  cans, coellos, porcos, gatos,...Quedaronnos súper chulos!! Por eso decidimos facer videotitoriais, para que os peques e menos peques, podades  facelo tamén.

Primero gravamos á inversa cunha cámara  web utilizando unha ferramenta online  Webcamera.io. A continuación, escollemos unha canción, respectando  os dereitos de autor, na páxina web Free Music  Archives. Despois  utilizamos  a ferramenta Clideo,  para invertir os nosos vídeos. E por último, engadimos  algo de texto e o audio  ao noso  vídeo. 

Aquí tedes  algúns. A practicar!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario