benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

viernes, 26 de abril de 2024

BOOKCROSSING

 

Para rematar a semana do libro presentamos o noso “BOOKCROSSING”.


Hoxe estreamos a caixa de INTERCAMBIO DE LIBROS no colexio. Esta actividade coñecida como “Bookcrossing” consiste en intercambiar un libro xa lido por outro e así poder gozar de historias apaixonantes, fomentando a lectura e a socialización, así como diferentes valores, xa que compartir un libro é unha iniciativa positiva que mostra xenerosidade, colaboración e compañeirismo.







lunes, 22 de abril de 2024

DIA DO LIBRO - 23 de abril

 


Hoxe é o Día Internacional do Libro! Unha cita moi simbólica na que traemos un divertido xogo de escapismo e un vídeo cheo de curiosidades sobre libros e autores famosos e un gran número de cousas interesantes que seguro que descoñecíades.


ESCAPE GAME

Xogo de escapismo. E ti poderás saír?







Ademais, os nosos alumnos, no recreo na biblioteca  puideron escoller un agasallo para levar  a casa ou un libro,  un marcapáxinas  ou unha rosa.













 O venres os nenos e nenas de 1 e 2 tivemos a sorte de poder vivir en primeira persoa como nace e como vai crecendo unha historia como foi no caso de Meigas Fóra e Miñoca. Gracias a Ramon D. Veiga por ese ratiño tan agradable xuntos e por achegarte a ver o noso traballo que os nenos e nenas de 2 fixemos con tanto cariño!

´