benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

sábado, 29 de abril de 2023

Érica Esmorís

 Primeira visita deste ano da autora Érica Esmorís. 

Veu falar connosco do seu libro Patio de luces. Moi recomendado para nenxs de 7 anos en adiante. 

Un libro que fala dos prexuízos, da importancia dunha comunidade, de formas de vida diferentes...


Grazas Érica por compartir este rato na nosa biblioteca. 







Apertas.

Árbore Sabia.