Xa temos gañadora do noso concurso "Recomendoche este libro” Aitana de 1º ESO A. Parabéns Aitana polo teu vídeo.
Biblioteca escolar para ler, descubrir e participar C.P.I. CURROS ENRÍQUEZ. PAZOS DE BORBÉN. COLEXIO PLAMB
Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.
Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.
Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).
Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.
Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.
Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".
Xa temos gañadora do noso concurso "Recomendoche este libro” Aitana de 1º ESO A. Parabéns Aitana polo teu vídeo.
Comezamos a xornada cunha yincana na que colaborou case todo o profesorado para dar a coñecer a importancia do papel da muller nos distintos ámbitos. O equipo da biblioteca elixiu a Enheduanna, primeira persoa da historia que asinou a súa obra literaria.
Tivemos máis actividades como a carreira
da muller (coas camisetas que aportou o Concello de Pazos de Borbén, e que a
ANPA colaborou na xestión) e a proxección de películas para reforzar a defensa
da igualdade entre homes e mulleres.
Traballamos tamén nas aulas o tema da
igualdade.
A presidenta da ANPA. entregou na nosa biblioteca os entrega
os premios do concurso de Entroido da ESO.
Noraboa aos gañadores e moitas grazas á ANPA pola súa colaboración no
concurso.