benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

martes, 12 de marzo de 2024

ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DE ENTROIDO DE ESO

A presidenta da ANPA. entregou na nosa biblioteca os entrega os premios do concurso de Entroido da ESO.

Noraboa aos gañadores e  moitas grazas á ANPA pola súa colaboración no concurso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario