benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

domingo, 31 de enero de 2021

Axudantes

Ola a todxs!

Este pasado venres, tivemos a sorte de contar coa colaboración do alumnado de 6⁰ para axudarnos coa organización da Biblio e de paso repasar a orde alfabética ;)

Queda un pequeno empurrón, para poder abrila con todas as novidades.  💪💪

Grazas rapaces pola vosa axuda!



                                                                                                                            A Árbore Sabia.




miércoles, 20 de enero de 2021

NOVA MASCOTA DA BIBLIO

Ola! 

Despois de recibir o Plambe (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), decidimos renovar ata á mascota da Biblio.

Pedimos o ano pasado aos alumnxs que foran elas e eles os que a inventaran. 

E este curso, desvelouse á gañadora.

Foi Olalla Domínguez, de 4º de E.S.O. 


Olalla creou unha árbore marabillosa, á cal chamamos:

"ÁRBORE SABIA"

Queremos presentárvola:




Grazas Olalla polo teu esforzo. 
Non deixes de debuxar.

Equipo Biblio.