benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

domingo, 31 de enero de 2021

Axudantes

Ola a todxs!

Este pasado venres, tivemos a sorte de contar coa colaboración do alumnado de 6⁰ para axudarnos coa organización da Biblio e de paso repasar a orde alfabética ;)

Queda un pequeno empurrón, para poder abrila con todas as novidades.  💪💪

Grazas rapaces pola vosa axuda!



                                                                                                                            A Árbore Sabia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario