benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

domingo, 3 de abril de 2022

LIBROS CON SORPRESA: TERESA GONZÁLEZ COSTA

 UNHA ABELLA MÁXICA NO CAMIÑO


Estivo no noso centro a primeira autora da nosa nova actividade "LIBROS CON SORPRESA".

Visitounos a autora do libro recomendado para 3º e 4º de primaria: Teresa González Costa.


Foi unha bonita experiencia. 

Grazas.