benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

martes, 24 de marzo de 2020

LA OVEJITA QUE VINO A CENAR

Un conto divertido e adecuado para reflexionar sobre os medos e as emocións.
Tamén vos deixamos un enlace para gozarlo a modo de contacontos,
AQUÍ

lunes, 23 de marzo de 2020

CADERNO DE FUME. A. GARCÍA TEIJEIRO

Antonio García Teijeiro, é un escritor moi apreciado nas nosas aulas. Neste curso visitounos organizado pola Bilioteca Municipal de Pazos dirixida por José Manues e contounos cousiñas da súa obra. Os alumnnos e alumnas de 5º e 6º de primaria tiveron a oportunidade de escoitalo e conversar.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO DO ENCONTRO


Cadernos de Fume, é unha preciosa obra de poesía que recomendamos dende a nosa biblioteca.

As pegadas da lúa
están no lago,
O cabelo do vento
está xeado.
O tapete das rochas
está mollado.
O meniño moreno
está calado.
...
Ten poemas así de fermosos💗

CARREIRA POLA IGUALDADE. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O departamento de Orientación e o grupo de alumnas e alumnos da ESO "Código Diverse", organizaron unha cerreira pola igualdade de xénero na que participou todo o colexio.
Aquí podes ver algunhas fotos.