benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

domingo, 23 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS PARTE II

 Ola a todas/os. 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes das actividades que fixeron na Biblio as rapazas e rapaces do cole. 


















Deixamos tamén o enlace do equipo de dinamización, que fixo unhas actividades chulísimas

Unha aperta
Árbore sabia


viernes, 7 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS PARTE I

 

Hoxe @s alumn@s de 5⁰ de primaria axudaron a preparar a decoración para a próxima semana, na que celebraremos As Letras Galegas. Este ano conmemórase a Xela Arias; unha muller lucense que foi escritora, poetisa, tradutora, profesora...  Moi merecida esta homenaxe. 

Pronto ensinaremos máis cousiñas. 



Bicos.

Árbore Sabia.