benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

viernes, 28 de enero de 2022

IGUALDADE

 O curso pasado empezouse a poñer en marcha co euqipo de Código Diverse, dende o Departamento de Orientación; a estantería de Igualdade.

Este curso xa está en funcionamento, xa se prestan os libros e xa se empezaron a mover. 

Seguimos mercando novidades.


Árbore Sabia.

miércoles, 12 de enero de 2022

CADA VEZ SOMOS MÁIS

 Os recreos empezan a ser diferentes.

A biblio está como to@s desexabamos vela: chea de rapazas e rapaces que se sinten a gusto neste espazo.








Todo empeza a ter moito sentido.
Árbore Sabia.