benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

lunes, 23 de marzo de 2020

CADERNO DE FUME. A. GARCÍA TEIJEIRO

Antonio García Teijeiro, é un escritor moi apreciado nas nosas aulas. Neste curso visitounos organizado pola Bilioteca Municipal de Pazos dirixida por José Manues e contounos cousiñas da súa obra. Os alumnnos e alumnas de 5º e 6º de primaria tiveron a oportunidade de escoitalo e conversar.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO DO ENCONTRO


Cadernos de Fume, é unha preciosa obra de poesía que recomendamos dende a nosa biblioteca.

As pegadas da lúa
están no lago,
O cabelo do vento
está xeado.
O tapete das rochas
está mollado.
O meniño moreno
está calado.
...
Ten poemas así de fermosos💗

No hay comentarios:

Publicar un comentario