benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

lunes, 22 de abril de 2024

 O venres os nenos e nenas de 1 e 2 tivemos a sorte de poder vivir en primeira persoa como nace e como vai crecendo unha historia como foi no caso de Meigas Fóra e Miñoca. Gracias a Ramon D. Veiga por ese ratiño tan agradable xuntos e por achegarte a ver o noso traballo que os nenos e nenas de 2 fixemos con tanto cariño!

´







No hay comentarios:

Publicar un comentario