benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

miércoles, 21 de febrero de 2024

MERCADO DE NADAL

 

O último día de clase no patio do colexio o equipo da biblioteca coa colaboración da AMPA organizou un alegre mercadillo navideño de cousas usadas (xoguetes, adornos, libros, roupa, bolsos, mochilas, xoias, etc.), manualidades feitas polos alumnos e chocolate con rosca. Os beneficios foron destinados a axudar aos alumnos a financiar as excursións.


Ese mesmo día a biblioteca do centro organizou tamén unha xornada de xogos de mesa e un escape-room navideño. Os alumnos puideron escoller a actividade ou xogo que preferían.







No hay comentarios:

Publicar un comentario