benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

miércoles, 21 de febrero de 2024

ENTROIDO - PLAMBE

 Esta mañá o noso alumnado luciu os seus disfraces relacionados co PLAMBE “Os xogos”. Os alumnos de infantil e de primaria  disfrazaronse de dianas, fichas de lego, do xogo do tragabolas e do xogo “Adiviña quen son”.  


Ademáis do desfile, tivemos una charla e unha exhibición dos traxes e bailes de Cobres  onde os monecos feitos polos profes de infantil e primaria estiveron presentes.


A biblioteca do centro xunto coa AMPA do centro organizou un concurso de disfraces relacionados co tema do PLAMBE "Os xogos". Os premios foron patrocinados pola AMPA  nas categorias "individual", "parella" e "grupo".


Agradecemos a AMPA a implicación nesta actividade, e tamén ao Concello de Pazos de Borbén polo agasallo que recibiron todos os alumnos do centro.








No hay comentarios:

Publicar un comentario