benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

miércoles, 21 de febrero de 2024

PLAMBE: Xogos de programación con material reciclado.

 Xogos de programación  con material reciclado.

Na clase  de 5° temos un xogo de programación moi divertido. O malo é, que as fichas non nos gustan. E preguntándonos, que se utiliza para programar? Pois claro...ROBOTS.

Puxémonos ao obra. Cada grupo investigou que tipo de robot ía construir: de exploración, aéreo, doméstico, de vigilancia, ... E fixemos uns robots chulísimos


E como xa tiñamos  fichas, puxémonos a xogar.





No hay comentarios:

Publicar un comentario