benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

lunes, 18 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO 2020: RICARDO CARVALHO CALERO
Onte celebramos o día das nosas lingua. Neste contexto tan especial e inusual, a biblioteca do noso cole quere facer unhas propostas que non se limiten a uns poucos días para facilitar unha maior participación nesta celebración.
Durante todo este mes, iremos colgando as diferentes actividades mandadas polo alumnado, debuxos, opinións, manualidades, vídeos...
BICOS A TODAS E TODOS.

https://bibliotecadegalicia.xunta.gal/es/actualidade/exposicions/dias-de-las-letras-gallegas-2020

No hay comentarios:

Publicar un comentario