benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

lunes, 18 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020. PROFE LUCÍA

Ola nenos e nenas!
Este ano as LETRAS GALEGAS están adicadas a RICARDO CARVALHO CALERO.
Un filólogo e escritor que sempre defendeu a nosa lingua.
Como temos que celebrar o Día das Letras Galegas dende as nosas casas, que vos parece se o facemos un pouco máis entretido con este xogo?
Esperamos que vos guste e que consigades que Ricardo Carvalho Calero consiga o seu premio.
💙

No hay comentarios:

Publicar un comentario