benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

miércoles, 8 de febrero de 2023

DÍA DA PAZ

 



(Mural de rapacxs de infantil e primaria, países en conflicto 2023)



Este ano todo o centro involucrouse para unha boa acción: unha carreira solidaria, para donar cartos a Save the Children. A donación foi un éxito, e o día moi bonito.

Viñeron uns compis novos do colexio CEIP Doutor Suárez, de Fornelos de Montes. O noso concello veciño.

Fixemos varias actividades: desde un mural, a unha busca do tesouro para conseguir os nosos dorsais para a carreira, e despois unha chocolatad amenizada por varias actuacións.


A carreira, parece mentira, pero por uns retrasos nos horarios, non se puido facer. Iso sí, fixemos a nosa pequena caminata para chegar a comer o tan prezado chocolate con rosca que nos tiña a ANPA preparado na cultural.


Grazas a todxs polas donacións e por facer este día diferente.











Árbore Sabia




No hay comentarios:

Publicar un comentario