benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO


No DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2 de abril, a nosa biblioteca escolar quere contribuir á visibilidade desta condición e á inclusión social das persoas autistas.
Estamos nunha situación especial, de confinamento polo coronavirus, pero aínda que non poidamos realizar actividades de visibilidade, a nosa biblioteca manda un abrazo enorme a todas as familias con fillos ou fillas autistas, e unha mensaxe de apoio e servicio.
O noso colexio ten un compromiso cara á atención á diversidade que está presente en moitas actuacións ao longo do curso.
Pero sendo conscientes dea necesidade de mellorar cada día.
Un abrazo azul 💙a todos e todas.



    
Unha das ferramentas máis importantes para mellorar a comunicación é o PICTOTRADUCTOR, que che permite xerar imaxes para comunicarnos mellor co alumnado T.E.A.

Enlace á páxina das Nacións Unidas


No hay comentarios:

Publicar un comentario