benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

lunes, 27 de abril de 2020

NOITES MÁXICAS NAS BIBLIOTECAS

Déixovos aquí un máxico vídeo clip neste mes de abril tan raro. Espero que vos guste.
Celebramos, con diferentes actividades o DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR.
Van a ser actividades dende as nosas casas. Recomendacións de libros, conta-contos, arte relacionado... e así, moitas actividades máis.
Iremos facendo entradas ao ongo de todo o mes.
ESTADE ATENT@S!



by ROALD DAHL

No hay comentarios:

Publicar un comentario