benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

martes, 21 de diciembre de 2021

FESTIVAL NADAL

 O día antes das tan ansiadas vacacións de Nadal, fixemos varias actividades:

- Realizar nós mesmos o adorno da árbore de Nadal que iría a decorar o Concello.

- Asistir a un espectáculo de acrossport feito pol@s alumn@s de 6º de primaria.





Bo Nadal!
Árbore Sabia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario