benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

miércoles, 22 de diciembre de 2021

REGALOS

 Este foi o regalo dende o Equipo de Biblioteca para to@s @s nos@s encargad@s.

Grazas e elas e eles, foi posible arrincar desta maneira a biblioteca. 

Son realmente traballadores e traballadoras. Árbore Sabia non pode estar máis feliz. Así que decidiu regalarlles o aguinaldo.

Porque todo esforzo ten a súa recompensa.


GRAZAS EN NOME DE TODO O EQUIPO DE BIBLIOTECA. PERO EN ESPECIAL DA COORDINADORA. ESTÁ MOI ORGULLOSA DE VÓS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario