benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

miércoles, 1 de diciembre de 2021

PEÚGO: O CALCETÍN MELENUDO

 Visitounos Jessica Rodríguez Piñeiro, a autora do conto: 

"Peúgo, o calcetín melenudo".

Todos escoitamos ou pronunciamos nalgún momento a frase "o calcetín tragouno a lavadora", todas tivemos algún calcetín desparello nalgún momento e todas tivemos un furado no calcetín e seguramente nalgún momento decidimos non remendalo e tiralo ao lixo. A partir de aí, nace Peúgo, un calcetín melenudo que está só e fai o que lle peta e se quere toca a trompeta, fai unha receita ou inventa unha historieta. O que pasa é que está moi mancado pola violencia que exerceu a súa parella contra el. Neste caso a súa salvación foi a lavadora e esa mente creativa que lle soubo sacar proveito cando ninguén lle vía posibilidades.






Foi un pracer ter unha autora na nosa biblio :)
Árbore Sabia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario