benvidas e benvidos ao Blog da nosa bilioteca escolar "ÁRBORE SABIA"

Ola a todas e todos e benvid@s ao noso espazo da nosa biblioteca escolar.

Como xa sabedes, estamos en plena remodelación da nosa biblio e abrindo este blog pretendemos crear un espazo para comunicarnos con todas as familias, alumnas e alumnos e o resto da comunidade educativa.

Queremos que sexa ademais un lugar para participar, expresarse e aportar recursos e recomendacións lectoras (libros, lugares de interese, apoio, recursos e actividades).

Ademáis estarán incluídos horarios e normas da nosa biblio.

Anímovos a participar e consultarnos, dar a túa opinión e facer propostas para construir entre todas e todos este espazo de diálogo.

Unha enorme aperta de todas as profes e todos os profes que traballamos no equipo de biblioteca "A Árbore Sabia".

LER É...

LER É...

lunes, 6 de diciembre de 2021

ORDEN

 Unha biblioteca conleva unha orde moi rigurosa.

Non paramos, tanto o Equipo de biblioteca como os encargad@s de ordenar cada día os estantes.

E aínda así, debe de haber animaliños ou seres extraños soltos, xa que sempre aparece algo deordenado ao día seguinte...😋




Zona E.S.O., con papeis de aviso: xa está ordenado!

Árbore Sabia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario